Rede XIANA

Preguntas frecuentes

  • Inscricións
    • Onde podo obter máis información sobre o proxecto? Onde podo obter máis información sobre as accións formativas que se desenvolven no proxecto? Onde podo inscribirme?

      Para obter información acerca do proxecto RedeXiana2 e as diferentes accións a desenvolver nos municipios da provincia da Coruña, ademais de consultar a información recollida nesta páxina web, poden acudir aos Servizos Sociais ou de Emprego do seu concello, onde tamén se realizan as inscricións aos cursos.

  • Accións formativas
    • Podo acceder ás accións formativas programadas noutro concello diferente ao meu?

      Si, sempre que quedaran prazas sen cubrir porque non existen persoas candidatas nesa zona e esteas disposto/a a desprazarte.

    • As diferentes accións formativas, teñen programadas prácticas laborais?

      Ademais das horas contempladas nos diferentes programas como formación teórico-práctica, todas as accións formativas contemplan a realización de entre 100 e 200 horas de prácticas non laborais en empresas unha vez rematado o proceso de formación teórico-práctica.

    • Cales son as zonas onde se desenvolven as accións formativas?

      ZONA 1: Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche,Ortigueira, As Somozas
      ZONA 2 : Ares, Fene, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, Valdoviño.
      ZONA 3: A Capela, As Pontes, Cabanas, Monfero, Pontedeume, Vilarmaior.
      ZONA 4: Aranga, Cesuras, Coirós, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne.
      ZONA 5: Abegondo, Arteixo, Bergondo; Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros, Sada.
      ZONA 6: A Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso.
      ZONA 7: Cerceda, Tordoia, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Trazo, Val do Dubra.
      ZONA 8: Arzúa, Boimorto, Melide, Toques, Santiso, Curtis, Sobrado, Vilasantar.
      ZONA 9: A Baña, Ames, Brión, O PIno, Teo, Boqueixón, Touro, Vedra.
      ZONA 10: A Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro, Porto do Son, Dodro, Padrón, Rois
      ZONA 11: Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Negreira, Noia, Outes.
      ZONA 12: Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Muxía, Zas, Vimianzo

  • Empresas
    • ¿Cal é o procedemento para participar como docente nalgunha das accións formativas?

      A impartición de accións formativas no marco do proxecto RedeXiana2 faise a través dun contrato administrativo de servizos segundo un procedemento de adxudicación aberto. En todo caso, o Proxecto RedeXiana2 non contrata directamente ao persoal docente das accións formativas.

© rede XIANA 2009 |  aviso legal