Rede XIANA

O Proxecto

RedeXiana2 é unha iniciativa para o fomento do emprego promovida pola Deputación da Coruña en colaboración cos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

É un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e unha aposta firme pola creación de emprego nos concellos da provincia, de xeito que se incrementen as posibilidades de inserción no ámbito local mais próximo.

Ata o de agora, as iniciativas dirixidas á xeración de emprego no ámbito local da provincia, supuxeron unha inversión de mais de 11 millóns de euros cofinanciados pólo Fondo Social Europeo e a entidade provincial.  Estes fondos contribuíron á creación de novos empregos dende o enfoque local ao incrementar o número de profesionais cualificados no rural e mantendo a creación empresarial como medio de xeración de riqueza e postos de traballo, ao tempo que consolida e mellora ao propio tecido empresarial.

Con RedeXiana2 preténdese que:

  • 216 persoas sexan apoiadas a través do proxecto, para a superación das probas de obtención de competencias clave de aprendizaxe permanente, particularmente necesarias para a súa integración social e laboral.
  • 453 mulleres desempregadas teñan preferencia para participar neste proxecto.
  • 388 persoas pertencentes a colectivos cos maiores índices de desemprego na provincia participen no proxecto.
  • Impartir 12.249 horas de formación.
  • Realizar 88.200 horas de prácticas profesionais en empresas.
  • Ofrecer a posibilidade de acceder a 7 modalidades de certificados de profesionalidade de nivel 1.
  • 414 persoas rematen con posibilidades de acceso  a 6 modalidades de certificado profesional de nivel 2
  • Ata 486.617 euros podan ser concedidos en concepto de bolsas económicas ás persoas participantes

Descarga o tríptico RedeXiana2

Descarga o tríptico RedeXiana2

O proxecto RedeXiana2 segue unha liña de traballo baseada na mellora continua e na prestación duns servizos públicos transparentes e de calidade apoiándose nun:

  • Sistema de Xestión de Calidade, certificado conforme á Norma UNE-EN- ISO 9001:2008.
  • Sistema de Seguemento e Avaliación da execución do proxecto.
  • Observatorio Socioeconómico da realidade empresarial e laboral.
  • Plan de Comunicación e Difusión.
  • Transferencia e Boas Prácticas

E a través do proxecto, a Deputación da Coruña participa en redes de intercambio metodolóxico, técnico e boas prácticas:

RED RETOS (Red de Territorios Socialmente Responsables).

RED COLABORA.

Descarga o tríptico de RedeXiana2 aquí

© rede XIANA 2009 |  aviso legal