29.06.2016
Un total de 12 alumnos comezaron a acción formativa o pasado 27 de Xuño.
Iniciase o curso de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltáicas no Centro de Formación do Concello de Ames.
Este curso terá unha duración de 900 horas, divididas nos seguintes módulos:
1- Replanteo de instalacións solares fotovoltáicas (150 horas)
2- Montaxe de instalacións solares fotovoltáicas (210 horas)
3- Mantemento de instalacións solares fotovoltáicas (60 horas)
4- Formación transversal on-line (120 horas)
5- Programa de orientación e inserción laboral (160 horas)
6- Módulo de prácticas profesionais non laborais (200 horas)
Un total de 12 alumnos comezaron a formación con optimismo, posto que é un sector cunha demanda laboral á alza.
Ademáis, a prensa faise eco da boa execución e dos bos resultados dos cursos de RedeXiana2, en relación co curso de actividades auxiliares en Agricultura, que se está a desenvolver no Concello de Touro. Pode consultar a noticia no seguinte link: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/touro/2016/06/29/parados-touro-boqueixon-pino-forman-empresas-agricultura/0003_201606S29C8994.htm
© rede XIANA 2009 | aviso legal