Rede XIANA

Formación e Prácticas

 

Se participas na formación terás apoio e orientacion coa finalidade de construír o teu propio itinerario de inserción laboral.

O obxectivo é que traballes nun proxecto persoal e profesional propio, de xeito que como persoa beneficiaria sexas protagonista activa das accións de inserción social e laboral que desenvolves.

Todos os itinerarios inclúen:

  • Formación
  • Prácticas en empresas
  • Asesoramento laboral

 Formación:

O amplo programa formativo do Proxecto RedeXiana2 está concevido de xeito modular e composto por accións formativas de diversa duración e especializacion.

Consulta aquí as áreas e as accións formativas correspondentes que se impartirán no eido do proxecto, ademáis pode descargar mais información relacionada coas mesmas no Catálogo de Accións formativas.

Podes consultar o noso Catálogo de Accións Formativas, descarga o catálogo aquí.

Podes consultar os Itinerarios Formativos, descarga o catálogo aquí.

Podes consultar os Certificados de Profesionalidade, descarga o documento aquí.

Podes consultar as Competencias Clave, descarga o documento aquí.

Prácticas en empresas

O programa formativo do proxecto RedeXiana2 inclúe en relación á formación específica a impartir, unha fase de formación teórica e unha fase de prácticas non laborais en empresas de sectores relacionados coa área e actividade na que te estás formando, que en ningún caso supon unha relación contractual coa empresa ou entidade nas que as

A principal característica destas prácticas profesionais é que se desenvolven nun ámbito productivo real en onde podes observar e desempeñar as actividades productivas e funcións propias do teu perfil.


 

© rede XIANA 2009 |  aviso legal